O prazo para solicitar o Bono Coidado da Xunta abre este luns

10 Xullo 2022

O prazo para solicitar o Bono Coidado da Xunta iníciase o luns e permanecerá aberto ata o 30 de setembro na sede electrónica da administración autonómica, segundo publicou este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Trátase dunha axuda económica para atender as necesidades de conciliación das familias con nenos de ata 12 anos que sexan de carácter puntual ou que se produzan durante os períodos de vacacións escolares. Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, o ano pasado case 900 familias beneficiáronse desta axuda.
A Consellería de Política Social e Xuventude explicou que o pasado ano este programa engadiu como novidade o uso desta axuda para sufragar servizos de conciliación para períodos de vacacións como campamentos de verán, ludotecas ou espazos infantís similares.

Por este motivo, engadiu o departamento que dirixe Fabiola García, “duplicouse o número de beneficiarios con respecto ao ano 2019, antes da pandemia, cando esta axuda chegaba a 400 persoas”.

Así mesmo, concretou que este bono poderá solicitarse tamén para a contratación dun servizo de conciliación no caso dunha enfermidade do neno ou do coidador habitual.

A Xunta afirmou que investirá nesta axuda máis de 550.000 euros e con ela poderanse sufragar os servizos empregados desde o 1 de xaneiro deste ano ata o propio mes de setembro.

Neste caso, a axuda consiste nunha achega que pode alcanzar o 100% do custo do servizo e a contía máxima da axuda será de 500 euros por unidade familiar no caso da contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno no caso de asistencia a servizos de conciliación.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...