O Náutico de Boiro loce a Q de calidade

01 Xullo 2022

O Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz loce xa o distintivo de Q de calidade. Ao acto do izado da bandeira asistiron o tenente de alcalde, Luís Ruiz, o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Albino Vázquez de Asnauga e o presidente do Náutico, Manuel
Fajardo, acompañado de outros membros da entidade.
A Q de calidade é un distintivo que se concede a instalacións que cumpran uns mínimos requisitos á hora da prestación de servizos. “Esta bandeira é un símbolo de calidade que nos axuda a posicionarnos como
destino turístico” afirmou Nava Castro.
O presidente do Náutico, Manuel Fajardo, agradeceu a presenza dos asistentes e recoñeceu o importante traballo que dende o náutico se leva a cabo para lograr este distintivo xa que “estamos sometidos a importantes controles de calidade que nos axudan a mellorar os nosos servizos”. Pola súa parte o concelleiro recoñeceu a importancia que a náutica ten para a economía do noso concello e eloxiou o traballo do Náutico que “aposta pola calidade dende os seus inicios”.
Este distintivo súmase á Bandeira Azul, que se izou o pasado domingo, e que tamén acredita o esforzo do Náutico de Boiro por contar cunhas instalacións e uns servizos e calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.