Manuel Ruiz reúnese o luns cos veciños de Palmeira para tratar a cobertura médica do Centro de Saúde

08 Xullo 2022

O colectivo de veciños e veciñas afectados pola falla do médico no Centro de Saúde de Palmeira manifestaron hoxe en rolda de prensa que o concello está a manipular a información sobre a necesidade de cubrir a praza de médico da vila a tempo completo.

A este respecto e tal como recollemos en “O Barbanza“, lembran que onte participaron nun encontro que o BNG organizou no Parlamento Galego, e no que se informou sobre unha proposta de cinco puntos, e que na cuarta pedía a reapertura dos Centros de Taragoña e Cabo de Cruz e cubrilo de Palmeira a tempo completo, votando o PP en contra.

O colectivo lembra que o pasado luns na concentración realizada en Palmeira a concelleira María Sampedro comprometeuse en nome do rexidor local a solucionalo tema. Este venres comunicouse que o alcalde recibirá o luns as 11 horas a unha representación do colectivo cidadán, que pola súa banda mantén para o luns as 21 horas unha nova reunión con todalas asociacións veciñais de Palmeira a unirse á mesma.

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza fixo unha convocatoria da comarca a celebrar o xoves 14 ás 20,30 horas diante do Consistorio ribeirense, unha concentración para pedir que se reabran os centros e se cubran as prazas médicas e para a que desde o colectivo palmeirán, amosan o seu apoio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.