Manuel Ayaso e Aida Tarrío, distinguidos percebeiros de honra na Festa de Aguiño

31 Xullo 2022

O pintor Manuel Ayado Dios e Aida Tarrío Torrado, compoñente das Tanxugueiras, foron
distinguidos esta mañá como percebeiros de honra no transcurso da XXIII Festa do Percebe de Aguiño que está tendo lugar no porto da localidade baixo a organización da súa Confraría.
A entrega tivo lugar este mediodía nun acto que contou coa participación da conselleira do Mar, Rosa Quintana; do alcalde Manuel Ruiz, e do patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, José Antonio Santamaría, así como a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez; representantes da Corporación Municipal, e outras autoridades.
O aquiñense Manuel Ayaso mostrouse encantadísimo por este galardón, e manifestou que especialmente é unha honra por telo recibido de xente coñecida e querida. Pola súa parte, Aida Tarrío tamén se amosou agradecida e declarou que se sinte profeta na súa terra, pois tanto Aguiño como Ribeira foron dous lugares que a viron crecer persoal e profesionalmente. Tamén quixo dedicar o premio aos seus pais, o seu irmán e a súa avoa.

José Antonio Santamaría, patrón maior, loou o labor dos membros da organización e dos mariñeiros que foron toda a semana ao mar para buscar o mellor percebe para esta festa. Así mesmo, aproveitou a súa
intervención para solicitar ás autoridades que se puidera unha efixie da Virxe do Carme no espigón novo para que cando nos invernos os mariñeiros saian do mar e volvan poidan tela de fronte.
Manuel Ruiz recollou o guante e afirmou que se ese é o sentimento da xente do mar espera acadar o consenso de todos os grupos da Corporación. Tamén tivo palabras de lembranza para todos os
patróns maiores implicados nas festas e felicitou que despois duns anos nos que estivo a piques de perderse e tivo que asumir a organización o Concello, non só non se perdeu senón que agora está no seu mellor momento ao obter este ano a declaración por parte da Xunta de Festa de Interese Turístico Galego.
A conselleira Rosa Quintana felicitou á Confraría e Concello e ao propio percebe por ter conquerida esta declaración, ademais de dar os parabéns a Manuel Ayaso e Aida Tarrío, “dúas persoas de xeracións distintas pero que representan o mesmo: o amor polo noso”.
Tras a parte institucional tivo lugar a apertura de portas con centos de persoas á agarda de degustar o crustáceo na carpa da festa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.