CONGALSA abre o prazo de inscrición da súa VII Andaina Solidaria, que estrea formato híbrido

20 Xullo 2022

O pasado venres 15 de xullo, CONGALSA (empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal) abriu o prazo de inscrición para unha das súas accións benéficas máis consolidadas: a súa Andaina Solidaria. Tratase dunha iniciativa que este ano alcanza a súa VII edición e que estrea formato híbrido neste contexto postCOVID: poderá realizarse de maneira presencial, na xornada do 11 de setembro, ou virtualmente (coma nos dous anos anteriores) entre o 1 e o 11 de setembro.

O prazo xa está aberto e as persoas interesadas poderán inscribirse até o vindeiro 31 de agosto. Para facelo, é necesario acceder á web de CONGALSA e entrar na ligazón habilitada para iso (www.deporticket.com), completando o formulario e abonando a cota de inscrición. Tamén é posíbel colaborar economicamente coa iniciativa sen ter que realizar a andaina, a través da adquisición do denominado dorsal número 0.

Cota solidaria

CONGALSA explica que “para realizar a andaina virtual, non existe límite de participantes”. Porén, para a presencial fixouse un tope máximo de 250 persoas. Os primeiros deberán abonar unha cota de catro euros e os segundos de tres e depositar un quilo ou litro de alimento non perecedoiro o día da andaina. CONGALSA doará todas as contribucións solidarias económicas, así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados. Todo o recadado irá parar ás familias máis necesitadas da comarca do Barbanza. A andaina está aberta non só aos traballadores da empresa, senón tamén aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a toda aquela persoa que queira colaborar, con independencia da súa localización xeográfica. O percorrido físico durará nove quilómetros e realizarase pola Serra do Barbanza.

Unha vez inscrito, cada participante recibirá por correo electrónico o seu dorsal, a ligazón para descargar a aplicación móbil, que rexistrará os quilómetros realizados, e un formulario ao que poderá remitir a súa fotografía co dorsal. A compañía realizará un vídeo conmemorativo da iniciativa, con imaxes dos participantes, que divulgará en diferentes canles corporativas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.