Comeza a Dodro Liga de Bolos, terceira edición

19 Xullo 2022

O pasado 17 de xullo deu comezo a Dodro Liga de Bolos. Foi no campo de bolos de Bexo as 11:00h da mañá coincidindo coas Festas do Carme desta localidade. O equipo Triñáns foi o cadro campión nesta primeira proba seguido de Bolos Boiro e Roxos de Segunda na terceira posición.

Esta terceira edición bateu récords de participación con respecto ás anteriores convocatorias, con trece equipos. Esta nova convocatoria disputarase tamén no Campos de Bolos do Bosque o 21 de agosto, nas pistas polideportivas de Lestrobe o 28 de agosto e rematará o 25 de setembro no campo do Montiño de Manselle, facéndoas coincidir coas festas locais de cada aldea.

O Concello de Dodro habilitou e engadiu dous campos de xogo (no Bosque e en Lestrobe) aos xa existentes de Manselle e Bexo, e desde que a Concellería de Deportes se marcara como liña deportiva fomentar os xogos tradicionais e puxo en marcha a liga de bolos e dende que se deu a coñecer tamén este xogo entre a nenez nas escolas deportivas ou no CPI, os bolos tradicionais están collendo auxe, sendo solicitado o xogo dende o propio CPI ou pola Asociación Andaina Pro Saúde Mental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.