Quen queira festa vaina atopar esta fin de semana en Cabo de Cruz, Boiro. O motivo: a vila mariñeira celebra un dos seus grandes eventos festivos do ano: as Festas do Carme. O programa inclúe ruadas, xogos populares, a tradicional procesión marítima, fogos artificiais e verbenas. A festa, malia que xa deparou algunha actividade os pasados sábado e domingo, collerá impulso este xoves coa Festa Ibicenca e o venres pola noite con Solara e o Combo Dominicano. Ao día seguinte a verbena correrá a cargo de Talismán e Tito Maverick.




