Unhas 25 unidades emprenderán a travesía entre as rías de Muros-Noia e a de Arousa con 25 millas de trazado

16 Xuño 2022


Juan Caballero.- A Regata Ramiro Carregal Rey larga amarras este sábado 18 de xuño ás 12.00 horas do mediodía, cunha primeira xornada na que a frota porá rumbo cara á ría de Arousa, tendo por destino o porto deportivo de Ribeira.

O Arroutado en plena competición

Con 25 millas de trazado costeiro (case 50 quilómetros), este primeiro día da regata caracterízase por ser un percorrido cheo de gran beleza paisaxística, sendo o eixo central o Faro de Corrubedo, do que os titulares de cada barco participante xóganse a súa posesión na clasificación xeral final, a día de hoxe velado polo Real Club Náutico Portosín, do mesmo xeito que a Copa de Galicia de Cruceiros, na súa vitrina, e cuxo próximo destino se atopa tamén en liza.

É un percorrido no que non se pode baixar a garda, sempre moi atentos aos baixos de Basoñas e ao paso de Sagres, gozando os regatistas de todo o atractivo rochoso e dunar das praias do litoral, facendo unha navegación interior cara ao final do trazado, despois de debuxar rumbos máis abertos, e é que a previsión meteorolóxica ofrece un vento do sur-suroeste que podería rozar os 20 nós en refacho, o que provocará eses trazados de cinguida até Corrubedo, un través até Sagres e unha posible popa con Spi até Ribeira, xa no interior da ría de Arousa.

O domingo, e a diferenza das 21 anteriores edicións, cámbiase a bitácora do programa habitual, substituíndo os dous barlovento-sotavento por outra proba costeira, que con saída ás 12.00 h., circunnavegará a illa de Sálvora en sentido Sur-Norte, con 15 millas náuticas de distancia (un 30 km.) e cuxa chegada estará situada nas proximidades do Club Náutico Deportivo de Riveira.

Entre os favoritos ao triunfo destacan o Corsario, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía; o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, do Real de Portosín; o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club; o Moucho, de Daniel Ayaso, do Deportivo de Riveira; o Yokounkoun III, de Adolfo Castro, do Club Náutico Portonovo; o Impresión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real de Coruña; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club; ou o Ronáutica Mariñas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo, entre moitos outros.

Os vencedores da edición de 2021 foron o Arroutado, de José Manuel Pérez, que recuperaba así para o seu grímpola Real, a do Náutico de Portosín, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, gañando tamén na súa División da Regata; en Cruceiro/Regata outro barco local, o Kanala, de Ignacio Ecenarro; e en Cruceiro, o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.