“A prioridade de ser feliz” – Manuel Domínguez

23 Xuño 2022
O autor de artigo, entre escaleiras

Tes un problema, e non sabes que decisión tomar.
Eu déixoche os instrumentos, as ferramentas para dar coa solución.
Non sabes se ser artista, director de cinema, pintor, ou ser avogado ou médico.

As primeiras opcións expóñenche un futuro que non tes firmeza do garantido, máis seguro é ser un profesional.

O teu xefe diche vaite a Burgos a defender un caso, exposlle que por iso haberá unha paga extra, para suplir as consecuencias do traslado, e esa semana extra de traballo, e o malestar causado.

O teu xefe diche vai á Ribeira Sacra, queda unha semana, percórrea toda e fotografía, para logo poder pasala a lenzo, ou expor as fotografías. Vas e non expós nada, silencio, levántaste ás 4 ou 5 da mañá esperando ese orto, a ver hoxe que cores che regala, á noitiña esperas polo ocaso, sexa a hora que sexa, e se chove, a choiva dáche outras alternativas, outra visión da paisaxe. Até estarías disposto a facelo gratis, iso é vida, é a túa vida.

Ante isto non hai dúbida, xa sabes que profesión tomar, é evidente, só o medo, ese medo innecesario fréache, pero a realidade golpéache, mostrándoche o camiño.

Ruth Chang estudou dereito e exerceu de avogada, pero iso non lle enchía a vida, só lla ocupaba, non lle daba felicidade, dubidara sobre a Filosofía, a realidade hoxe é filosofa, é profesora na Universidade de Oxford, dá clases de filosofía.

A inseguridade non debe ser un problema, cando un esta disposto a pagar por iso. Un debe de facer aquilo que ama.

Se un neno pequeniño ama as estrelas, le sobre iso, déixalle elixir ser astrónomo, el terá traballo.
Cando un neno de pequeniño xoga con pedras e bichiños, déixalle ser antropólogo. Cando un de pequeniño marca a vida, sempre atopará traballo e será feliz. Medo ao propio medo.

A solución vénche dada, cando estás disposto a traballar horas e horas e faríalo gratis, por mero pracer, esa é a decisión correcta.

Aos nenos eu adoito regalarlles libros que potencien os seus soños, o peor de todo é ser castrador de soños, de belas ilusións.

Unha forma de ser feliz é gozar da felicidade doutros, máxime se ti, aí plantaches unha palabra.

O motivo polo que o mozo coa mellor nota da Selectividade en Madrid elixiu Filoloxía Clásica: “A miña prioridade é ser feliz”

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.