Rianxo ultima un proxecto para manter e pór en valor, con recursos propios, os seus ricos xacementos arqueolóxicos

10 Xuño 2022

O Concello de Rianxo informou da posta en marcha dun proxecto para o mantemento de xacementos arqueolóxicos do termo municipal ao longo de tres anos. O proxecto tivo o seu precedente directo nos traballos de limpeza e acondicionamento despregados baixo a coordinación arqueolóxica da empresa Tempos Arqueólogos. Estes labores iniciais (pertencentes a unha proposta piloto de mantemento) puxeron o foco no Monte Picouto e no Monte Pelotiño.

A zona que se busca protexer é unha área “especialmente rica en xacementos”, segundo informou o Concello, que salienta a gran cantidade de mámoas e petróglifos que acubilla. O plan do Goberno local é “garantir con medios propios a limpeza da contorna, eliminando matogueiras e tarefas de roza”. Os labores estarán dirixidos por un equipo de arqueólogos que coordinan limpezas manuais en moitos casos, xunto outras mecánicas onde é posíbel sen que afecte ao xacemento.

Xeograficamente falando, trátase dunha zona comprendida entre Leiro e Isorna ata Asados, desde Os Mouchos até o Monte Picouto. Inclúe espazos como a Foxa Vella, Os Campiños e o Monte Pelotiño, con mostras relevantes e que configuran, en palabras do Concello, “un percurso de grande interese histórico”.

O Goberno local tamén informou de que os propietarios dos terreos, tanto particulares como varias Comunidades de Montes implicadas, deron o permiso para executar as tarefas nos distintos ámbitos.

O proxecto foi aprobado por Patrimonio, organismo co que xa se avanzou no seu desenvolvemento. Hai varios anos o Concello xa realizara unha limpeza importante dos Campiños e procúrase a continuidade deste labor, así como seguir apoiando que sexa declarado BIC.

Rianxo, por outra banda, é un dos concellos galegos máis ricos en petróglifos. Na actualidade atópanse catalogados uns sesenta conxuntos, moitos formados por varias laxas con gravados. Os motivos que aparecen son os habituais nos petróglifos galegos: cazoletas, círculos concéntricos ou figuras xeométricas, pero destacan (achegando un carácter singular e case único) as representacións de animais, sobre todo cervos macho con cornos e armas. Os Mouchos é se cadra o grupo máis destacado e doado de atopar (preto de Brión e da concorrida praia das Cunchas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.