Rianxo, entre os concellos incluídos na Campaña de Vela 2022 da Deputación e os seus cursos de formación

22 Xuño 2022

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela 2022 organizada pola Deputación da Coruña. O curso formativo relativo a esta modalidade deportiva náutica desenvolverase do 22 ao 26 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados/as nun concello da provincia da Coruña, nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013 ambos inclusive, se ben no caso de Rianxo terán prioridade os nenos e nenas empadroados no propio municipio, tendo reservadas 7 prazas en cada quenda (mañá ou tarde).

O pazo de inscrición está aberto e o prazo remata o 4 de agosto.

No Servizo de Deportes do Concello de Rianxo facilitarase a información e axudarase a cumprimentar a ficha, podendo entregarse na oficina ou mandala por correo electrónico. No caso de existir moitas solicitudes, realizarase un sorteo e o Concello elaborará unha listaxe de reserva.

Prazas

32 en total. 14 para empadroados no concello de Rianxo.

16 na quenda de mañá. 7 para empadroados no concello

16 na quenda de tarde. 7 para empadroados no concello

Calendario e horarios

Rianxo é a 6ª quenda, do 22 ao 26 de agosto.

Horario de mañá – Grupo A: 10 a 14 h.

Horario de tarde – Grupo B: 16 a 20 h.

Información

Servizo Municipal de Deportes: deportes@concelloderianxo.gal Telef: ​​​​​​​661 247 136 – 981 86 63 81

Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 06 06 44 (gabintete.deportes@dacoruna.gal)

Cota de inscrición

25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA 2022”, xunto co nome do participante.

A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a través da páxina web da área de Deportes.

Actividades

Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.

Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.

Realización práctica de navegación a vela.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.