“Queda dito: hai medios pero non se empregan” – Antón Luaces

01 Xuño 2022

O buque oceanográfico Ángeles Alvariño, dotado de sonar de varrido lateral, foi empregado vai un ano nas tarefas de busca de obxectos que tiveran que ver coa desaparición no Atlántico de Tomás Gimeno e as súas fillas Anna e Olivia. Este buque é un dos varios existentes en España que, amais dese tipo de sonar, dispón dun robot submarino utilizado en maio pasado no rastrexo das costas de Tenerife dos tres desaparecidos desde o 27 de abril. É dicir: o Ängeles Alvariño, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía, pode ser, perfectamente, un barco a utilizar na busca e localización do arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo, afundido o 15 de febreiro a 250 millas da illa de Terranova a unha profundidade estimada de mil metros.

O sonar de varrido lateral permite detectar calquera circunstancia anómala que se produza no fondo mariño. Cítase, en concreto, a localización de obxectos non compatibles coa orografía mariña. Cando isto se produce, o equipo emite un sinal. Por esta, céntrase a busca da causa e pode determinarse se a chamada de atención ou alarma ten que ver ou non co motivo da busca que se leva a cabo.

Pola súa banda o robot submarino é un elemento insubstituíble para o fotografado de imaxes en directo da alerta que os expertos determinarán se son ou non de interese para a pescuda que se leva a cabo. Este robot, denominado Liropus, pode somerxerse ata os 2.000 metros de profundidade.

A Sociedade de Salvamento Marítimo dispón tamén de buques dotados con eses medios de busca no fondo mariño, ao igual que acontece con empresas privadas de salvamento e, obviamente, a Armada española. É dicir: España dispón de medios dabondo para atender a petición persistente dos familiares dos 21 tripulantes mortos do arrastreiro de Marín, familiares que están plenamente convencidos de que no accidente do pesqueiro afundido en Terranova concorren circunstancias que van máis aló dun tráxico accidente, motivo polo que agardan respostas xudiciais ás súas acusacións contra o patrón do Villa de Pitanxo e o seu sobriño, así como contra a casa armadora do buque que se clarifiquen de vez as circunstancias nas que se produciu o afundimento do arrastreiro e, con este, a morte de 21 dos 24 membros da súa tripulación.

É dicir: España non depende da cesión -gratuíta ou non- de medios materiais dunha empresa norueguesa para localizar o Villa de Pitanxo e fotografar ou filmar o seu estado así como as posibilidades de que no seu interior se atopen todos ou cando menos algúns dos mariñeiros que non puideron ser rescatados.

Non é unha misión imposible. Custosa, si. Pero para pagar eses gastos están, entre outros, os seguros do buque e os dos tripulantes, amais dos organismos públicos dependentes do Estado. Mesmo a Xunta de Galicia ten manifestado publicamente a súa disposición a contribuír economicamente nese labor se o Goberno dispón dun buque que se encargue de realízalo.

E, de facelo -que particularmente non concibo motivo algún para negarse ao mesmo- que leve a cabo canto antes. O tempo de verán é o máis propicio. Sábeno ben os milleiros de mariñeiros galegos que traballaron e traballan naquelas augas. Que ninguén empregue escusas de mal tempo para negarse á petición das familias de 21 mariñeiros mortos en augas terranovenses. Teñen tempo de sobra para, de aquí a setembro, poñerse mans á obra.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.