PP e PSOE votan en contra no pleno de Muros da proposta para a recuperación da illa da Creba

29 Xuño 2022

A moción presentada ao pleno de Muros polo BNG reflectindo as reivindicacións da Plataforma a Creba é do Pobo finalmente non prosperou, tras obter os votos en contra do PP e o PSOE. A proposta presentada na sesión da Corporación, que se puido seguir en streaming dende YouTube, consistía en solicitar que dende o Concello se iniciasen os trámites pertinentes para a restitución da titularidade publica da illa, así como para o estudo da legalidade das obras que nela se realizaron e para a súa e protección mediante a incorporación ao Parque das Illas Atlánticas, así como para a dotación dalgunha das figuras de protección recollidas na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

A voceira do BNG defendeu “que a Illa da Creba debe volver a titularidade pública, porque a súa privatización foi irregular desde o principio, xa que aparece inscrita no concello de Outes, e que é o concello de Muros, por pertencer a illa ó seu territorio, o primeiro organismo que debe defendelo”.

Dende o Partido Socialista presentaron unha emenda á totalidade que rexeitaba todo o acordo exposto na moción orixinal para ser substituído pola petición dun informe xurídico á Deputación da Coruña. Neste punto, o BNG ofreceu a posibilidade de engadir a emenda socialista ao acordo no canto de substituír todo o texto, pero esta posibilidade foi rexeitada polo PSOE, desestimándose así a emenda.

Da mesma forma, o Partido Popular presentou, xa na comisión informativa, outra emenda a totalidade que propoñía a constitución dunha xunta de voceiras, rexeitando tamén engadila á moción presentada. O grupo, en última instancia, opúxose ás reivindicacións da plataforma.

Na sesión plenaria tivo ocasión de intervir o voceiro da plataforma, Rodrigo Molinos, quen solicitou a defensa das reivindicacións da entidade a prol da recuperación da illa, incidindo “no deber dos representantes políticos de defender os bens públicos por riba de proxectos turísticos de empresarios privados”.

Finalmente, a moción foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP, e os votos a favor do BNG e dos concelleiros non adscritos.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...