Os socialistas din no Parlamento que a Xunta discrimina ás familias de Outes e Muros en relación co transporte público

01 Xuño 2022

A deputada socialista Noa Díaz presentou este mércores 1 de xuño no Parlamento unha batería de iniciativas para urxir á Xunta solucións ante a “discriminación” que sofren as familias das parroquias do Freixo, cruceiro de Roo e San Cosme, no concello de Outes, e de Tal e Esteiro, do concello de Muros, “ao non poder empregar o transporte público para ir ao instituto por ser incompatíbel cos horarios escolares”.

Tras manter, xunto ao voceiro municipal do PSdeG en Outes, Julio Fernández, unha xuntanza con familias afectadas, Díaz cualificou de “discriminatorio” o trato da Xunta ás rapazas e rapaces destas zonas para quen, segundo dixo, “é imposíbel facer uso da Tarxeta Xente Nova para realizar os traxectos aos centros de ensino de referencia de FP, ESO e Bacharelato en Noia”.

Noa Díaz engadiu que “cos horarios actuais, o alumnado ten que estar agardando na rúa tres cartos de hora ata que chegue o autobús e, ante esta circunstancia, as familias víronse na obriga de contratar un servizo discrecional que, lonxe da gratuidade da tarxeta, ten un custe de 54 euros por persoa que algunhas familias teñen dificultades para asumir”.

Asemade, dixo que non se entende “que a Xunta permaneza impasíbel a un problema que é consciente que existe e que vai ter unha maior afectación no futuro polo incremento de menores en idade escolar que van precisar dese servizo de transporte”, polo que sería desexábel “valorar o establecemento dunha nova liña entre Muros e Noia que dea resposta a todas as necesidades”, apuntou, pedindo ao Executivo galego que realice un estudo para avaliar a demanda dun servizo de transporte Muros-Noa en época escolar “que se axuste aos horarios escolares” e, a súa vez, que poña en marcha, “tal e como pediu a Valedora do Pobo”, algunha actuación que facilite ao alumnado afectado un servizo de transporte dos concellos de Outes e Muros aos seus centros educativos “en condicións semellantes ás do resto do alumnado da bisbarra sen que teñan que costealo as familias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...