Todo listo para a celebración este martes 30 do Pampallín de Outes. Non se poderá estacionar na praza de Galicia.

29 Abril 2024

O Concello de Outes celebra este martes 30 de abril a 24ª edición do Festival Pampallín. A cita pon en valor a tradición do rito do Pampallín no que a través do lume pedíase fartura e fertilidade no agro.

A festa acompáñase de cambios na ordenación do tráfico que cómpre ser tidos en conta pola veciñanza e polos visitantes. En primeiro lugar, prohibirase temporalmente o estacionamento e a circulación na praza de Galicia. O tráfico rodado quedará pechado ao remate do horario escolar ate o remate do evento. Así, o estacionamento estará prohibido, na maior parte da praza, dende as 09:00 do martes 30 de abril.

Respecto do programa en si mesmo, o Pampallín de Outes vén este ano con grandes actividades que collen a remuda destes percorridos con fachos de lume e destas foliadas:

Un obradoiro para a confección de Pampallíns que se celebrou o 19 de abril na Casa da Cultura de Outes. O obradoiro achegouse en formato aberto a toda a cidadanía maior de idade. As persoas que participaron poderán participar tamén no desfile da noite do Pampallín no 30 de abril. Na actividade articiparon máis dunha ducia de voluntarias. Ademais das persoas que se inscribiron no obradoiro, contouse coa colaboración de ADISBISMUR e a Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes. Ditas asociacións axudaron na obtención da palla e no desenvolvemento do obradoiro. A xeira de traballo incluíu unha exposición e un resume do traballo desenvolvido polo alumnado do IES Poeta Añón que axudou a obter máis información de primeira man dos maiores de Outes para saber como facían antigamente os fachuzos do Pampallín: que formas buscaban, que materiais empregaban, que técnicas aplicaban e como desfilaban con eles. Fíxose tamén un coloquio sobre as orixes desta tradición e a relación co mundo agrario e como sobreviviu durante séculos evitando a censura clerical e converténdose nun día de liberación para a xuventude.

Os concertos. O cartel do festival Pampallín contará con “tres grupos potentes e de actualidade no panorama musical galego”, que encherán o vindeiro 30 de abril, véspera de festivo, o escenario do festival na praza de Galicia con sons de electro-pop, electro tradicional, rock, indie e garaxe. Trátase de Mondra, presentando Folía das Ardentes, os esteiráns The Rapants (A máquina do bo rollo) e Lontreira (Apnea).

Mondra abrirá a noite de concertos do Pampallín o vindeiro 30 de abril (véspera de festivo) ás 23:00 con Folía dos Ardentes. É artista, cantareiro e bailador. Medra vencellado á música e ao baile tradicional galego, así como como ao teatro e o audiovisual. En setembro de 2023, publica ARDĒN, o seu primeiro traballo discográfico, producido por Berto. O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. É unha proposta íntima e irreverente a un tempo, un relato de resistencia e celebración. Os primeiros avances do álbum SACOdePULGAS e beijos de LK superan as 50.000 escoitas no Spotify, plataforma na que o artista acumula máis de 17.000 oíntes mensuais. PUNHETA!, en colaboración coas Fillas de Cassandra, supera as 240.000 reproducións na plataforma e máis de 40.000 visualizacións no YouTube, sendo un dos temas máis escoitados no verán do 2023 na Galiza.

The Rapants traerán a súa Máquina del buen rollo á noite do Pampallín. Trátase dunha banda muradá que surfea entre o pop, o garaxe e a música disco a través dun directo sen descanso co obxectivo de “facernos bailar sen prexuízos coma se fora un sábado calquera”. Rapants naceu en Esteiro no 2018 pero, sen dúbida algunha, 2023 foi o ano da súa eclosión. Un total de 38 concertos por salas e festivais de todo o país nos que a conexión co público non para de medrar. The Rapants chegan a Outes co seu segundo disco de estudio La máquina del buen rollo no que os seus integrantes centraron todos os seus esforzos en envorcar “toda a adrenalina dos nosos directos”. O álbum está composto por pezas moi animadas con herdanza disco, rock e mesmo hip hop. Expón o contrapunto máis cry da vida na estrada e nas festas e ligándoo á estética das feiras. Acender as luces, activar o son e botarse a bailar.

Lontreira pechará a noite do Pampallín por todo o alto. Ademais de ser unha praia abrazada polo océano atlántico, Lontreira é o nome co que tres galegas bautizaron o seu proxecto musical. Tres lontras poetisas e rítmicas predicando odas á natureza e aos ritmos e arritmos. As súas primeiras pezas deste recente grupo recóllense en Apnea, primeiro álbum do grupo. Os seus integrantes defenden o seu estilo como electro pop, aínda que os xéneros que tocan son totalmente variados, chegando a mesturar o tradicional con chiscos latinos ou temas totalmente electrónicos. Lontreira está formado por tres nomes propios que converxeron entre tres pobos rurais e a música de Vigo. Héctor Rodríguez “Rotce” é DJ e produtor musical, Adriana Cores pon a voz e Iván Barral é guitarrista.

Outros artigos

Xoves seguen as choivas e temperaturas baixas para a época

Non se agardan cambios significativos para o xoves, xo que continuaremos baixo unha borrasca situada no Cantábrico. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...