O festival “O Son do Camiño” celebrarase, segundo o previsto, do 16 ao 18 de xuño

11 Xuño 2022

A organización de O Son do Camiño confirma que o festival continúa adiante, despois do accidente, e vai celebrarse no Monte do Gozo nas datas previstas: o 16, 17 e 18 de xuño.

Segundo informa nun comunicado, están a traballar nos axustes, que se darán a coñecer proximamente.

“Agradecemos aos servizos de emerxencia, bombeiros, Policía, e a todas as persoas, empresas e institucións, que participaron nas últimas horas na normalización da actividade do festival, todo o seu traballo e apoio”.

Do mesmo xeito, considera que foron claves no desenvolvemento dos acontecementos “os equipos de protección individual, a profesionalidade e a experiencia das empresas implicadas na montaxe e a rápida activación do protocolo de emerxencias”.

“Non queremos pechar este comunicado sen facervos partícipes de que seguimos, minuto a minuto, a evolución dos traballadores feridos. Para nós son familia”, conclúe o texto.

Dous guindastres

Coa zona acordoada, este sábado os operarios comezaron a traballar para levantar o escenario. Ás once e media da mañá chegaban ao Monte do Gozo dous guindastres para intentar elevar a megaestrutura de 36 metros de ancho e 21 de fondo.

É un proceso lento e complicado que se desenvolve con todas as medidas de seguridade e intentando non danar máis a estrutura metálica.

Ao tempo que continúan estes labores, prosegue a avaliación de todos os danos e as inspeccións da zona. Axentes da Policía e os bombeiros de Santiago volveron á zona cero do sinistro.

No resto do recinto do Monte do Gonzo prosegue a montaxe doutros espazos previstos no festival “O Son do Camiño”, como o lugar da acampada para aloxar unhas 500 tendas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.