O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a selección de persoal de museos

17 Xuño 2022

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha lista de emprego temporal de persoal técnico, con vistas a dotar á atención de museos e centros museísticos. O Goberno local explicou que o sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se precise no momento de realizar a contratación.

O Boletín Oficial da Provincia publicou este venres 17 de xuño as bases da convocatoria que recollen os requisitos das persoas candidatas, así como os contidos e desenvolvemento das probas selectivas. Para participar no proceso é necesario contar coa nacionalidade que permita o acceso ao emprego público, ter cumpridos os 16 anos, non padecer doenzas ou defectos físicos que impidan o desenvolvemento do posto de traballo, non atoparse incurso en causa de incompatibilidade, non ser despedido mediante expediente disciplinario e estar en posesión de grao, licenciatura, diplomatura, mestrado (máster) ou posgrao relacionados cos eidos da xestión cultural, do patrimonio cultural, de museos ou de turismo.

As persoas interesadas en participar deste proceso deben inscribirse presentando toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o vindeiro luns. As bases e toda a información sobre o proceso está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Para realizar a contratación o Concello de Boiro recibe unha subvención por importe de 12.500 euros da Deputación da Coruña a través da convocatoria FO216 para a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2022.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...