Novo número impreso do noso mensual “O Barbanza”, o número 36

17 Xuño 2022

Unha nova edición impresa da nosa revista mensual O Barbanza, o 36, está xa na rúa distribuindo os 7.000 exemplares en toda a comarca de balde.

Esta edición céntrase no San Xoán a festa purificadora por excelencia que recupera o seu pulso na comarca, repasamos tamén a III Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e de Ocasión e da que coñecemos todas as respostas sobre nova mobilidade, en Ribeira.

Acercaremonos ao Homenaxe ao mar que vai facer o concello de Outes o próximo 1 de xullo no que comezará a primeira edición da Feira Náutica do Freixo.

Tamén coñeceremos algo máis de Romero Ortiz, (1822- 1884) un fillo de Palmeira e Santiago, do que se cumpren douscentos anos do seu nacemento e do labor do que foi o gran benfeitor da comarca, será a primeira entrega dunha ampla reportaxe.

Coma sempre informacións, cultura, reportaxes de actualidade, as ofertas de viaxes naútico e das nosas letras, son algúns dos contidos deste número que pode ser ademais descargado de balde desde a nosa web amais de conseguilo de balde en toda a comarca.

Esperamos que nos sigades na nosa web “obarbanza.gal” coas novas diarias como o fan xa máis de 70.000 usuarios/únicos o mes e tamén nas nosa redes sociais.

Ase mesmo seguen crecendo os nosos subscritores o boletín diario que de balde pódese recibir coas novas e artigos no e-mails.

Lembrade que todolos días podes recibir no teu email o resumo de novas do día e os artigos de opinión. Subscríbete no enlace:
http://boletin.obarbanza.gal/. Lembra que podes descargar e velas nosas revistas mesuais en Pdf de balde, no seguinte enlace: https://obarbanza.gal/seccion/edicion-impresa/
Apoianos dalle “me gusta” ás novas e da a coñecer obarbanza.gal

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.