No primeiro día do verán non se agardan cambios polo que seguiremos mantendo unha situación de inestabilidade atmosférica en toda Galicia. Así, un día máis, teremos ceos parcialmente cubertos e chuvascos, máis probables a partir do mediodía e en zonas de interior, onde caerán con intensidade puntualmente forte. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou ascenderán lixeiramente as máximas. O vento soprará frouxo con predominio da compoñente norte.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 14° 23° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 7 |

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:41 | 1.1 m |
| Preamar | 12:03 | 2.9 m |
| Baixamar | 18:06 | 1.3 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:37 | 1.2 m |
| Preamar | 11:56 | 2.9 m |
| Baixamar | 17:58 | 1.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:40 | 1.1 m |
| Preamar | 12:01 | 2.9 m |
| Baixamar | 18:03 | 1.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



