Galicia rexenerará máis de 3 millóns de metros cadrados de superficie de bancos marisqueiros

23 Xuño 2022

A Consellería do Mar anunciou que vai subvencionar a rexeneración de máis de 3 millóns de metros cadrados de superficie de bancos marisqueiros ao abeiro das convocatorias de 2022 destinadas á mellora da produtividade de zonas de marisqueo e á protección dos seus ecosistemas. Este traballo será realizado polo sector marisqueiro no marco dos 45 proxectos aprobados pola Xunta para estea finalidade e por un importe de preto de 1,4 millóns de euros. Os labores desenvolveranse entre este ano e o que vén.

Os apoios baixo os que se realizan estas tarefas son, por unha banda, os destinados a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentábeis, co-financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP). Por outra banda, tamén apoian labores deste tipo as achegas dirixidas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción, financiadas integramente con fondos propios da comunidade autónoma.

Na maioría da superficie obxecto dos labores de rexeneración -en máis de 2,5 millóns de metros cadrados- realizaranse tarefas de remoción de substrato para impulsar a reprodución dos organismos mariños. Outras actuacións que se desenvolverán e que están centradas en hábitats costeiros, con medidas como o aporte de áridos, afectan a máis de 139.000 metros cadrados.

Estes traballos inclúen iniciativas das confrarías de Cabo de Cruz, Rianxo, Barallobre, Vilaboa, Carril, O Grove, Vilaxoán, Cambados, Pontedeume, Lourizán, Ribeira, Camariñas, A Illa de Arousa, Pontevedra, Vilanova, Carreira-Aguiño, Raxó, A Pobra, Bueu e Arcade. Tamén a Asociación de Marisqueo a Flote da Ría de Vigo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...