“Francisco de Fientosa” – Xulio Xiz

28 Xuño 2022

Francisco Vega Ceide, naceu en Santa Locaia de Castro de Rei hai 110 anos. Aínda mozo o século XX escribía versos maxistrais en galego: “Imos coller niños novos / agora que é primadeira. / Na beira do amor somentes / o choupal do corpo dela”. Coñecido como Francisco de Fientosa e considerado o “Lorca galego”, soñaba: “Sentada na soleira / ti fías. A raiola / é unha freixa de sol / que abanea a túa roca.”

Sobre Fientosa sábeo todo o escritor de Castroverde Ricardo Polín, que recompilou a súa obra en “A primeira luzada”. Dese libro, o tamén escritor de Castro de Rei, Xosé Otero Canto, escolmou a poesía galega, analizouna polo miúdo e publicou o estudo en Galicia Digital. Son uns versos sorprendentes: “Ao vir o neno mencer / sempre te atopo no leito / agruchada coma o verme / na folliña do loureiro”.

Publícase agora “Imos coller niños novos…”, con estes poemas galegos verquidos ao castelán, vasco, catalán e portugués, co que oitenta e seis anos despois do seu pasamento aos 24 anos no terrorfico Madrid de 1936, a poesía galega de Fientosa pode ser coñecida nos cinco idiomas literarios da Península Ibérica.

Fientosa foi escritor sobranceiro no territorio poético da Terra Chá, onde as figuras de Manuel María, Díaz Castro, Aquilino ou Darío son a punta do iceberg de ducias de poetas que deben figurar na nosa memoria e na historia da literatura deste país.

O libro presentarase mañá na Biblioteca Crecente Vega de Castro de Rei e na Provincial de Lugo. Acheguémonos a Fientosa: “Díxolle a nena: Vaites mar / quen poidera collerte / na cunquiña da man. / E na tona da auga / o mar a rir / unha bagoa cativa / é meirande ca min”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...