Este martes o Centro Cultural Lustres Rivas acolle unha charla-coloquio sobre a nova Lei de Igualdade Trans e LGTBI

21 Xuño 2022

A plataforma Mulleres en Acción (Asociación de Mulleres da Barbanza), no marco das actividades para conmemorar e reivindicar a diversidade e o respecto abeiradas ao mes do Orgullo LGTBIQA+, vai celebrar este martes 21 de xuño unha charla-coloquio en Ribeira. Será ás 20.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. Contarase coa presenza da activista Laura Bugalho.

Entre os temas no programa figura a nova Lei de Igualdade Trans. A charla, que se desenvolve baixo o epígrafe O Orgullo da Xente, encádrase no programa cultural municipal Xuño da Cultura e das Artes, e conta coa colaboración do Grupo de Acción da Barbanza da organización Amnistía Internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.