En Ribeira a Escola Municipal de Ballet levará a escena a versión musical de “soño dunha noite de verán” no seu festival de fin de curso

07 Xuño 2022

Tras dous anos de pandemia, o alumnado da Escola Municipal de Ballet de Ribeira regresará ás táboas do Auditorio Municipal este domingo 12 de xuño para celebrar o seu festival de fin de curso: un evento incluído dentro da vasta programación do Xuño da Cultura e as Artes que foi presentado esta mañá pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e a directora da citada escola, Cristina Riveiro.
“Soño dunha noite de verán”. Esa será a composición que van escenificar medio cento de integrantes desta entidade municipal, unha creación composta por Felix Mendelssohn a partir da célebre obra teatral de William Shakespeare e adaptada por parte da propia Riveiro.
A profesora explicou que o amor romántico do argumento orixinal foi substituído por unha liorta entre dúas amigas pola simpatía dunha fada, o que fai que unha delas encomende ao trasno traveso un
feitizo. Elfos, Trasnos, Fadas ou Vagalumes despregaranse sobre o escenario para ofrecer á audiencia un espectáculo que terá unha duración aproximada dunha hora, para concluír coa tradicional entrega de diplomas.
A representación dará inicio ás 19.30 horas e as portas abriranse media hora antes. A entrada é gratuíta ata encher aforo.
A concelleira de Cultura, María Sampedro, loou o gran traballo de Cristina Riveiro na difusión da danza clásica a través da escola municipio e animou á veciñanza a que acudan a presenciar este fermoso e traballado espectáculo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.