“Donos do noso destino” – Manuel Domínguez

27 Xuño 2022

Es dono do teu destino ou escravo del?
O destino é como unha leira esquecida, está aí esperando o arado do labrador para sementala.
Lembras o primeiro bico roubado? Ben, non lle chames roubado cando che abriron portas e xanelas.
Es tan vago que prefires delegar a túa responsabilidade, nun futuro incerto.
Todo ser humano nace libre, só que uns prefiren a seguridade que dá a protección dun dono, hai escravos que dan a vida polos seus donos, outros militan nas tropas de Espartaco.
O xílgaro coñece que na gaiola ten comida e auga, e no inverno non pasaría frío, pero ábrelle a porta e escoitase a voz da liberdade.
Crer no destino ten a vantaxe de que che libera de responsabilidade, ti non es responsable do que suceda, é o destino ou un descoñecido deus o responsable.
Podes admirar a quen manexa o destino sendo este un negreiro? Con que atribucións, con que autoridade atribúes calidades ao descoñecido?
A terra esquecida, sementada florece, podes cambiar a canle dos ríos, hai vontade de construír, ou como dicía o outro, estou a matar o tempo, sen saber o pobre ignorante que é o tempo quen nos mata a nós.
Ser disciplinado, esa a chave do mañá que ti desexas.
Hai unha fermosa palabra que a xente só coñece superficialmente, a palabra Liberdade, moi pouquiña xente sabe que a palabra liberdade é unha palabra embarazada, e o nonato ten un nome.

Responsabilidade.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.