Dodro celebrou este sábado o Día da Bicicleta

06 Xuño 2022

Este sábado 4 de xuño celebrouse en Dodro o Día da Bicicleta, unha importante celebración que reivindica cada ano formas alternativas (máis tranquilas, máis limpas, máis sustentábeis e máis saudábeis) de desprazarnos.

A reunión foi no Pavillón Polideportivo Municipal e dende aí os arredor de medio cento de participantes (nenos e maiores) iniciaron o percorrido establecido, un percorrido que viña con dúas rutas: un anel de 2,3 quilómetros para os menores de 7 anos e outro de 12 quilómetros para a rapazada (e os adultos) de 7 anos en adiante. O programa tamén incluíu unha xincana para as crianzas, un trofeo para a persoa participante de máis idade, e outro premio para a nena ou o neno de menos idade.

Organizou o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...