Declaración Institucional da Corporación de Ribeira polo Día Internacional LGTBI 2022

28 Xuño 2022

Este 28 de xuño celébrase o Día Internacional das persoas Lesbianas, Gais, Bisexuais, Transexuais, Transxénero e Intersexuais. Foi ese día, pero de 1969 cando en Stonewall, no barrio Neoyorkino de Greenwich Village, orixínanse as primeiras iniciativas en defensa deste colectivo, xerando o
movemento internacional para o recoñecemento dos dereitos de todas aspersoas LGTBI.
É importante que toda a sociedade participe da celebración deste día, que nos lembra que debemos seguir a traballar e avanzar na construción de sociedades máis tolerantes, que sexan capaces de convivir en diversidade e, sobre todo, que promovan o cumprimento dos dereitos de todas as persoas LGTBI. Non
se pode esquecer que os dereitos do colectivo LGTBI son e serán sempre dereitos humanos, e non debemos deixar de construír contornas cada vez máis xustas, en todos os sentidos; baseadas en principios tan esenciais como a igualdade, tolerancia, respecto e liberdade.
É certo que avanzamos moito, tanto que hoxe somos o terceiro país da contorna europea con maiores cotas de aceptación do colectivo LGTBI; Galicia conta desde o 2014 cunha Lei específica e propia de igualdade de trato e a non discriminación das persoas LGTBI e desde 2018 co Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.
Dende o Concello de Ribeira, sen embargo, somos conscientes de que quedan cousas por facer e, sumámonos sen ambaxes á Resolución aprobada no Parlamento Europeo en marzo de 2021, onde se declara que a Unión Europea é zona de liberdade para todas as persoas LGTBI, que non se tolerará a
retórica perigosa e discriminatoria que pode impedir que millóns de cidadáns e cidadás vivan tal e como desexen. Así, estamos totalmente en contra de calquera tipo de discriminación por razón de orientación sexual e defendemos o dereito á plena igualdade, á dignidade, e ao libre desenvolvemento da
identidade sexual e/ou de xénero.
A Corporación Municipal de Ribeira recoñece explícita e publicamente que os dereitos das persoas LGTBI son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida por iso este Concello fará accións e actividades que fomenten a tolerancia e o
respecto á diversidade diversidade e liberdade sexual das persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.