Barbanza Arousa presenta os seus produtos turísticos ante máis de 150 axencias en catro cidades

06 Xuño 2022

A Mancomunidade Barbanza Arousa está a presentar os seus produtos e paquetes turísticos ante axencias de viaxe de España e Portugal nunha xira que abrangue as capitais dos seus catro principais mercados emisores de visitantes, en concreto, Bilbao, Valladolid, Porto e Madrid. A pasada semana desenvolvéronse as presentacións de Bilbao e Valladolid, e nos vindeiros días celebraranse actos similares en Porto, o vindeiro mércores 8, e Madrid, o xoves 9. Na xira estase a poñer o foco no innovador proxecto turístico da Mancomunidade, que inclúe 65 experiencias e que foi lanzado meses atrás para “competir nas canles de comercialización profesionais”. Este programa reforzase estes días con estes contactos directos con máis de 150 axencias de viaxe.

Presentación en Bilbao

En concreto, preséntase os 65 paquetes creados a partir daquel proxecto, con temáticas de todo tipo, como natureza, gastronomía, turismo activo, cultura, enoloxía ou, por suposto, para percorrer as rutas de sendeirismo e o Camiño de Santiago A Orixe, con ofertas específicas de aloxamento e todos os servizos.

Os catro alcaldes dos concellos da Mancomunidade, os de Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra (Manuel Ruiz, José Ramón Romero, Adolfo Muíños e Xosé Lois Piñeiro), están a alternarse presidindo cada unha das presentacións.

Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, manifesta que o obxectivo é “reforzar a imaxe de marca nos mercados; a atracción de fluxos de visitantes ao territorio durante todo o ano, contribuíndo á desestacionalización e crear unha rede de prescriptores nacionais e internacionais entre as axencias de viaxe”.

Entre as 65 experiencias que se están a exhibir nas catro cidades figuran circuítos xerais de sete días e máis específicos, de catro ou cinco días de duración, centrados en miradoiros, paseos ou sendeiros fluviais, aventura, parques naturais, illas e illotes, mar, patrimonio arqueolóxico, literatura, muíños e pazos, ou cultura mariñeira, entre outros.

Presentación en Valladolid

Entre os atractivos que se amosan figuran paquetes como o das sendas naturais, que inclúe percorridos con guías especializad@s pola costa de Rianxo con epicentro na praia da Torre de Taragoña, polo litoral de Boiro (Cabo de Cruz, punta Piñeirón, Lagoa de Carragueiros…) ou o de Ribeira (punta Couso, porto de Aguiño, Palmeira…), ou a viaxe de sete días denominada Alma mariñeira, deseñada para internarse na íntima relación co mar de Rianxo, Corrubedo, Cabo de Cruz, A Pobra, Palmeira, Ribeira e Escarabote, e que inclúe unha visita á Lonxa ribeirense e un periplo en barco para descubrir o ciclo de vida do mexillón.

Os 130 quilómetros da Ruta Xacobea A Orixe, dende o Faro de Corrubedo, teñen un papel moi relevante nesta oferta turística, que engade tamén a Ruta Literaria dedicada a Castelao e Manuel Antonio en Rianxo, a Ruta das Mámoas en Boiro, a das piscinas naturais do río Pedras, na Pobra, a cea degustación na Lonxa de Ribeira, windsurf na praia de Coroso, mergullo na illa de Sálvora, barranquismo, golf ou marisqueo.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

za.gal/wp-includes/js/mediaelement/mediaelement-and-player.min.js?ver=4.2.17">