“Axudas económicas para o marisqueo galego” Antón Luaces

Cinco confrarías de pescadores do Barbanza (Cabo de Cruz, Rianxo, Ribeira, Carreira-Aguiño e A Pobra- figuran entre a vintena nas que a Xunta vai rexenerar máis de tres millóns de metros cadrados  de superficie de bancos marisqueiros ao abeiro das convocatorias do ano 2022 destinadas á mellora da produtividade de zonas de marisqueo e á protección dos seus ecosistemas. Este traballo vai ser realizado polo sector marisqaueiro no marco dos 45 proxectos aprobados pola Xunta para esta fin por importe de 1,4 millóns de euros e que se van desenvolver entre este ano e o que ven.

Son apoios destinados a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños encadrados nas actividades marisqueiras sostibles, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPE). Tamén apoian labores deste tipo achegas dirixidas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividasde dos bancos marisqueiros con problemas de perda sde producción, financiados  íntegramente con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Un documento que se analisou polo Consello da Xunta reflicte que na maioría da superficie obxecto  dos labores de rexeneración -más de 2,5 millóns de metros cadrados- renovarán o substrato para impulsar a reprodución dos organismos  mariños, a máis de se centrar en hábitats costeiros, con medidas como o aporte de áridos, que afectan a máis de 139.000 metros cadrados.

Outras actuación que se realizarán ao abeiro destas axudas son as sementeiras dun total de máis de 42 millóns de unidades de semente de ameixca babosa e fina dun tamaño medio de 15 milímetros para unha superficie de máis de 431.000 metros cadrados. As entidades que se beneficiarán destas sementeiras son as confrarías de pescadores de Cabo de Cruz, Riobeira, Carreira-Aguiño, Rianxo, A Pobra, Vigo, Camariñas, A Illa de Arousa, Vilanova, Raxó, O Grove, Bueu, Vilaxoán, Carril, Cambados e a Asociación de Marisqueo a Flote da Ría de Vigo.

O rfesto das sementeiras levaranse a cabo na liña destinada a proxectos de rexeneración qwue permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de producción, apoiando deste xeito o cultivo de algo máis de 11 millóns de unidades de semente de ameixa babosa e xaponesa dun tamaño medio de 15 milímetros para unha superficie de algo máis de 109.000 metros cadrados que atenden  as confrarías de Ribeira, Rianxo, A Pobra, Barallobre, Pontevedra, Raxó, Lourizán, Ferrol, Moaña, Pontedeume, Miño, Camariñas, Vilanova, Vilaboa e a Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa.

Ambas as liñas permitirán conservar o recurso, a restauración d a biodiversidade e evitar a perda de zonas naturais, actuación estas sumamente necesarias dado que o estasdo das superficies a tratar non se atopan, nen moito menos, nas mellores condicións para a súa explotación racional.