A Alameda noiesa será o escenario dun festival benéfico a prol da obra social de pediatría do CHUS

05 Xuño 2022

A iniciativa Cuidamos de los niños (obra social de pediatría do Hospital Universitario de Santiago, o CHUS) e o Concello de Noia presentaron a semana pasada os detalles e obxectivos do Festival Benéfico que se vai celebrar na Alameda o vindeiro 10 de xuño.

O programa de actividades solidarias, segundo se fixo saber, será o seguinte: ás 17.00 horas da tarde haberá Zumba, a cargo de Kittis Katis, e varios obradoiros; a partir das 19.00 hora será a quenda do grupo Márnama e o seu espectáculo The Garage Banda; e dende as 21.00 horas e ata as 2.00 horas, para poñer fin a ese festival, estará a Disco Móbil Chocolate.

Colabora e merca a camiseta solidaria. Todo o recadado será, integramente, destinado a Cuidemos de los niños, a obra social de pediatría do CHUS.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.