Tres detidos en distintas localidades do Barbanza por tráfico de cocaína

10 Maio 2022

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro intensificou o seu labor enfocado a loitar contra o tráfico de drogas polo miúdo na comarca coruñesa do Barbanza e detivo o pasado mes de abril a tres persoas por outros tantos supostos delitos contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas mediante o menudeo. Todos eles xa postos a disposicion xudicial e investigados.

Segundo informa o Instituto Armado, a primeira detención tivo lugar o 4 de abril cun mozo de 31 anos de idade e veciño da localidade de Rianxo que rexentaba un establecemento hostaleiro. Se lle aprehendieron 5 envoltorios plásticos termosellados que contiñan cocaína e que se atopaban preparados para a venda ao consumidor final, ademais dun teléfono móbil, un turismo e 120 € en metálico. O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Padrón.
A segunda detención levou a cabo o 07 de abril, neste caso trátase dun mozo de 24 anos de idade e veciño de Ribeira, ao que se lle aprehendieron 19 envoltorios plásticos termosellados que contiñan cocaína e que se atopaban preparados para a venda ao consumidor final, ademais dun teléfono móbil, un turismo e 1.625 € en metálico. O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Ribeira.

E días despois, o 26 de abril, produciuse a terceira detención, neste caso unha vella coñecida das forzas de seguridade xa que esta muller, de 54 anos de idade e veciña de Boiro, xa fora detida facía 5 meses polo mesmo delito no marco da Operación PORTAL TWO, que permitiu desarticular un narcopiso que operaba na localidade boirense e a incautación de distintas cantidades de cocaína, heroína e metadona, ademais dunha importante cantidade de diñeiro en efectivo.
Na detención que se practicou este pasado mes de abril, a esta muller se lle aprehendieron 24,67 gramos de cocaína que supoñerían no mercado ilícito unhas 122 doses e 1,46 gramos que corresponderían con outras 13 doses, ademais dun vehículo que utilizaba para desprazarse na comisión do delito. A detida foi posta ao dispor do Xulgado de Garda de Ribeira.

Garda Civil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.