Trasladado en helicóptero un menor despois de ser atropelado en Muros

28 Maio 2022

S

ucedeu en Esteiro, na AC-550,  na localidade coruñesa de Muros.

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo, ás 20:30 horas da tarde pasada. Foi a esa hora cando varios particulares solicitaban  ao 112 Galicia asistencia sanitaria para un menor que fora atropelado na entrada de Esteiro, vindo de Freixo.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ademais, foron informados os axentes da Policía Local, os membros do GES de Muros, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, segundo informaron os membros do GES ao 112 Galicia,  o menor foi trasladado no helicóptero ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...