Porto do Son e a Escola de Saúde para Cidadáns organizan un curso de alimentación infantil

09 Maio 2022

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade- organiza un actividade formativa destinada a divulgar hábitos saudábeis en materia de nutrición e nenez. Trátase dun Curso de Alimentación Infantil. Será gratuíto e terá catro horas de duración. Os contidos, segundo apuntan as entidades organizadoras, terán especial interese para persoal sanitario e educativo, monitoras/es, nais, pais e cidadanía en xeral. Desenvolverase o vindeiro 27 de maio, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Máis información (e inscricións) a través da conta de correo jose.pazo@portodoson.gal. As prazas serán limitadas. Os contidos serán impartidos por Ana Martínez Lorente, técnica de estilos de vida saudábeis e educación da Consellería de Sanidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...