Os aeroxeradores mariños, a debate

06 Maio 2022

Antón Luaces.- Científicos, pescadores, ambientalistas e representantes do Goberno central e da Xunta de Galicia, participarán este sábado, 7 de maio, nun acto aberto ao público organizado na Coruña pola Fundación Rendemento Económico Mínimno Sostible e Social (FREMSS)co obxectivo de contribuír “ao necesario debate sobre os plans de ordenación mariña, de transición enerxética e o cambio climático, a imprantación de eólicos flotantes e a súa coexistencia coa pesca e a protección dos ecosistemas”.

O debate vai desenvolverse no salón de actos da Lonxa da Coruña en pleno desenvolvemento da Estratexia Verde da Unión Europea que, como é sabido, pretende multiplicar por cinco a capacidade eólica mariña no ano 2030, cando se propón producir en augas comunitarias cando menos 60 xigavatios (a quinta parte dos 300 previstos para o ano 2050).  Nesta liña proxéctanse en distintas zonas de España (entre estas na costa galega) varios parques de aeroxeradores flotantes. Unha formulación non exenta de profundos debates e diversas e  enfrontadas opinión ao respecto.

No debate deste sábado participarán a directora xeral de Pesca da Xunta de Galicias, a subdirectora nacional para a Protección do Mar, un representante da promotora do parque eólico “Nordés” a instalar na costa galega, outro do observatorio de litoral da Universidade da Coruña (UDC)e o da Plataformas de Defensa  da Pesca e dos Ecosistemas  Mariños. A clausura do acto correrá a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...