Organizacións ecoloxistas solicitan á Unión Europea que non financie a macrocelulosa de Altri

18 Abril 2024

Unha delegación das organizacións ecoloxistas galegas Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace estivo esta semana en Bruxelas reuníndose con europarlamentarios españois para informarlles dos impactos ambientais e sociais que carrexaría a instalación do proxecto Gama, a macrocelulosa que a empresa portuguesa Altri pretende instalar en Palas de Rei. Estes impactos, en palabras das entidades, serían graves e irreversíbeis.

A delegación viaxou xunto á Plataforma Ulloa Viva grazas á facilitación de Ana Miranda (BNG) e prolongou a axenda reuníndose tamén con Nicolás González Casares (PSOE) e María Eugenia Rodríguez Palop (Unidas Podemos).

Segundo as entidades ecoloxistas, “o que nun principio o presidente da Xunta anunciou como un proxecto ecolóxico, revelouse, coa presentación da documentación, como o que realmente é, unha industria para producir ata 400.000 toneladas celulosa solúbel e 200.000 de Lyocell, ademais doutros subprodutos como biomasa e xeso; é dicir unha nova pasteira a base de madeira de eucalipto que requirirá para a súa actividade diaria unha captación de 46.000 m³/día de auga –tanto como consume toda a provincia de Lugo– e un permiso de vertedura industrial ao río Ulla de 30.000 m³/día de augas residuais”.

Indicaron que “tamén emitirá xofre reducido total, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado, e suporá unha afección directa sobre a rede Natura e os seus proxectos de ampliación”.

Por iso, as representantes de Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace solicitánronlle aos europarlamentarios que se opoñan á posíbel asignación dos fondos Next Generation para financiar este proxecto, xa que a propia empresa, firmemente apoiada pola Xunta de Galicia, manifestou que necesita optar cando menos a un cuarto do seu investimento (uns 250 millóns de euros dos 900 que di investirá) de diñeiro público de entrada, centrando actualmente as súas miradas nos fondos Next Generation e o PERTE de descarbonización da industria.

Carta a comisarias europeas

Ademais destes contactos cos representantes das forzas políticas, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, xunto con SEO/Birdlife e WWF dirixíronse por carta á Sra. Céline Gauer, á Sra. María Teresa Fábregas Fernández e ao Sr. Giulio Federico, respectivamente responsábel, directora e xefe de unidade do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia (Recovery and Resilience Task Force), tendo tamén en Bruxelas unha xuntanza con parte do equipo mesmo grupo de traballo.

As cinco organizacións ecoloxistas trasladaron aos comisarios europeos que o proxecto Gama de Altri-Greenfiber “terá impactos ambientais irreparábeis e acelerará os efectos do cambio climático sobre esta área de especial protección e de biodiversidade”. Nas cartas á Comisión Europea resaltan “o incomprensíbel que sería conceder fondos públicos a unha actividade tan destrutiva, con afeccións directas á Rede Natura 2000 e varias especies ameazadas e en perigo de extinción, e que en absoluto cumpre o Principio DNSH (Do Non Significant Harm), condicionante indispensábel para vixiar que o destino dos cartos non afecte a cuestións tan vitais como a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas, o uso sostíbel e a protección dos recursos hídricos e mariños, ou a mitigación e adaptación ao cambio climático.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.