O Concello de Muros e a Xunta impulsan a candidatura do municipio a unha bandeira verde

14 Maio 2022

O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, reuníronse esta semana para abordar diversos asuntos de interese municipal relacionados coas competencias do departamento autonómico.

Entre os temas que trataron cómpre subliñar a nova convocatoria da Bandeiras Verdes, que, como lembrou Enrique de Salvador, abriu o pasado 6 de abril e á que os concellos interesados aínda poden presentar as súas candidaturas ata o 30 de maio.

Tras confirmarlle a alcaldesa o interese do Goberno local por optar por primeira vez a este distintivo, o director do IET convidouna a remitir a súa solicitude, incidindo en que o obxectivo co que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsou hai tres anos este recoñecemento “foi o de coidar e fortalecer a chamada Galicia verde, no marco da aposta do Goberno galego polo fermosismo“.

Ademais, Enrique de Salvador salientou que a concesión do dito recoñecemento tamén ofrece “interesantes vantaxes para os municipios galardoados, xa que constitúe un mérito computábel aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural”.

Cómpre lembrar que na primeira edición da Bandeira Verde de Galicia resultaron galardoados o concello de Porto do Son e tamén Moaña, dous municipios que volveron lograr o distintivo en 2021 e aos que se uniron, ademais, Alfoz, Mondoñedo, Curtis, Parada de Sil, Outeiro de Rei, Ordes e Sober.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.