O Concello de Boiro convoca as bolsas a estudantes 2022

10 Maio 2022

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas económicas para o alumnado matriculado en centros públicos destinadas a persoas maiores de 21 anos que no están cubertas pola Tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes abre este mércores e será de 15 días hábiles. As bases e toda a información están dispoñibles na web municipal,

A convocatoria conta con dúas liñas, unha para persoas que cursan estudos postobrigatorios tales como Bacharelato, estudos técnicos ou superiores fóra do termo municipal e outra para estudos postobrigatorios dentro do termo municipal. As persoas solicitantes deben ser maiores de 21 anos, estar empadroadas en Boiro, ter unha idade máxima de 27 anos e non ter repetido o curso anterior.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, a contar dende este mércores, e deben facerse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica. As persoas solicitantes deben achegar copia de matrícula, copia do contrato de alugueiro e documentación que acredite a nota media e a porcentaxe de créditos matriculados no curso anterior.

Máis información na web municipal ou na conta de correo s.sociais@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...