O Concello de Boiro busca medidas para desconxestionar o tráfico nas vilas e calmar a velocidade

07 Maio 2022

O Concello de Boiro está a levar a cabo un Plan de Mobilidade co obxectivo de establecer “unha estratexia orientada á mellora da mobilidade no municipio”. Unha das primeiras accións realizadas para a elaboración do documento foi a instalación de medidores de aforo nas vías. O obxectivo destes é “obter datos reais sobre a mobilidade do municipio e así realizar unha mellora na planificación de infraestruturas”. A primeira información obtida deste estudo achega información sobre o tránsito de vehículos.

Deste xeito, durante a primeira semana de medición pasaron pola rúa Principal de Boiro 5.760 vehículos de media (entre os que hai un importante número de vehículos pesados), e por Escarabote 5.331. “O estudo”, sinala o Concello, “pon en manifesto tamén que a velocidade dos vehículos é máis elevada durante as noites, superando o máximo permitido”. E engádese: “É significativo que durante os 7 primeiros días de medicións pasaron pola estrada de Cabo de Cruz a Boiro unha media de 6.456 vehículos, datos que mostran o tránsito que chega ao centro da capital municipal, sendo esta cifra un indicador de que a nova variante proxectada entre o Saltiño e Berres desconxestionaría moito o tránsito do cento de Boiro”, afirmou o alcalde José Ramón Romero, que engadiu que se ben o Concello non ten a obriga de contar cun PMUS, o documento “permite a identificación de necesidades existentes de cara a planificar e coordinar actuacións que van permitir favorecer a mobilidade e accesibilidade do municipio, mellorar a súa competitividade e equidade, aumentando a seguridade e calidade de vida da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...