“Nós somos o caos” – José Castro López

10 Maio 2022

O semanario Irmán Lobo abría o número do 2 de agosto de 1975 cunha viñeta de Chumy Chúmez na que estaba un político mitineando e para convencer ao auditorio presentaba a súa oferta que cría imposible de rexeitar: “Ou nós ou o caos!”, dicía. “O caos!, o caos!”, contestou a xente, ao que o político respondeu: “É igual, tamén somos nós!”.

Aquela viñeta de hai 47 anos do xenial humorista é aplicable ao goberno de coalición presidido por Pedro Sánchez que desde hai meses é o máis parecido ao caos. Está a protagonizar unha mala xestión económica, deteriora a democracia colonizando as institucións, toma decisións moi cuestionables e pisa todos os charcos. Agora, compórtase como unha superficie comercial, inmerso na “quincena da espionaxe”, unha nova lea que avergonza aos españois.

Primeiro quixeron neutralizar “as escoitas” sentando aos seus socios independentistas e a máis inimigos do Estado na Comisión de segredos oficiais que converteron nun “segredo a voces”. Despois, para tranquilizalos, Bolaños informou urbi et orbe! -o que non fai ningún país do mundo- do hackeo externo do móbil do presidente e da ministra de Defensa cun “nós tamén somos espiados”. Un caos na xestión dun asunto delicado, propio dun espectáculo circense.

Ver sentados na Comisión de Segredos Oficiais a quen queren destruír o Estado; ver a tensión entre Presidencia e Defensa; ver aos podemitas do Goberno e aos independentistas condenados arremetendo con saña contra a ministra Robles e a directora do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) por cumprir coa súa misión de obter información “legalmente” para protexer ao Estado, xera perplexidade nos cidadáns, preocupados pola seguridade de España, que é nosa propia seguridade.

O caso Pegasus deparará máis sorpresas. Até agora mostra a un Goberno desbordado e á defensiva, que avergoña aos españois, fai o ridículo ante os gobernos da contorna europea e occidental e degrada a imaxe de España até límites incribles. Alguén cre que os servizos de intelixencia estranxeiros que intercambian informacións sensibles co CNI poden fiarse deste Goberno que desprestixia ao propio CNI e abre a Comisión de segredos oficiais aos que non cren en España e Europa?

Como acabará este esperpento? A continuidade de Robles e da directora do CNI depende de que o presidente decida se a el lle convén ou non, que parece é o único que lle importa. Á imaxe de España, do CNI e á seguridade do Estado, que lles dean! O caos do Goberno é así. Por iso, parafraseando a letra do himno inglés, que Deus salve o España!.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...