“Non te deixes enganar” – Manuel Domínguez

23 Maio 2022

Non te deixes enganar, podes romper unha relación familiar.
Á marxe da boa ou mala fe.
Unha cousa é o que queres dicir, outra o que dis, outra o que recibe o receptor e outra o que este di.
Así pois, coidado cos contos.
A linguaxe é moi persoal, é propia de cada un, cada un de nós, todos temos unha linguaxe propia, é como o traxe que vestimos, témolo a medida.
Estou case seguro que os meus habituais amigas e lectores poderían diferenciar un texto meu dun alleo.
Dixéronme que lle chamaches corrupto ao xuíz, dixeches “ese xuíz é o corrupto”. Non! Falso de toda falsidade, dixen “ese, Xuíz, é o corrupto”, é dicir, sinaleille ao xuíz quen era o corrupto, aínda sendo as mesmas palabras cambia o sentido.
Imos perder, pouco resolveuse
Imos perder pouco, resolveuse.
Non queremos lelo.
Non, queremos lelo.
Non teña compaixón!
Non!, teña compaixón
Hai persoas que cada día amplían a linguaxe, outros permanecen inamovibles toda a vida.
Hai que ter coidado, moito coidado cos sofistas ou autodenominados sofistas.
Ao sofismo coñéceselle como falacia de argumento ou razoamento falso, formulado co obxectivo de enganar ao adversario.
Por exemplo: Todos os homes son mortais / o gato é mortal / os homes son gatos.
É por todo iso, que non hai nada mellor que ter pensamento propio, e non ser escravo dos oropeis dos filósofos baleiros.
Chove, non é día de pasear, pero estou feliz, o campo reclamábao con urxencia, a falta de auga era a ruína de moitos campesiños, e a falta do produto, xerará carestía, aumento de prezo pola escaseza. Fago miña a alegría do campo.
“Trata á persoa tal como é, e seguirá sendo o que é; trátao como pode e debe ser, e converterase no que pode e debe ser”.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.