Mércores con mais sol e temperaturas en ascenso

24 Maio 2022

Galicia quedará durante o mércores progresivamente baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais que darán paso a ceos con máis nubes no extremo norte e pouco nubrados no resto, con nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico, con intervalos fortes pola tarde.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:033.3 m
Baixamar07:281.0 m
Preamar13:483.1 m
Baixamar19:481.2 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:573.2 m
Baixamar07:221.1 m
Preamar13:393.0 m
Baixamar19:411.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:023.2 m
Baixamar07:271.0 m
Preamar13:453.1 m
Baixamar19:451.2 

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.