“Mais de 300 buques de Gran Altura non reciben descontos no prezo do combustible”. Antón Luaces

11 Maio 2022

O alto prezo do combustible dos buques pesqueiros españois supón neste momento máis do 50% dos custos de explotación dos máis de 300 atuneiros vascos que, a maiores, se ven na obriga de compartir con outras frotas que incumpren os estándares de calidade, socioeconómicos e medioambientais  que se esixen na Unión Europea  e que introducen os seus productos -informa “Europa Azul”- para o consumo dos cidadáns comunitarios en moitos casos libres de aranceis.

O sector atuneiro basco -o máis importante de Europa e que da emprego a bo número de mariñeiros galegos- reclama a adopciçon de medidas urxentes  de apoio e chama a todos os grupos políticos a aplicar emendas que “contemplen e corrixan esta situación na tramitación da Lei con retroactividade” aplicando as anunciadas medidas adicionais necesarias que o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, anunciou no Congreso dos Deputados como posibles.   

A frota de altura española está integrada por uns 300 buques que pescan arredor do 60% das capturas totais. Deste número de buques , medio cento son atuneiros vascos, cos seus barcos auxiliares. En concreto, spn 30 pesqueiros e 9 embarcacións auxiliares que faenan no Índico, coas Illas Seychelles como base de operación; 23 barcos e 7 auxiliares no Atlántico, que realizan as súas descargas preferentemente en Costa de Marfil, e 11 atuneiros no Pacífico. Outros barcos da frota española de arrastreiros conxeladores, ao igual que os xa citados  desenvolven a súa actividade pesqueira en augas  de países terceros, outros estados da UE e en augas internacionais.

Cada un destes buques pode chegar a cargar 800.000 litros de gasoil antes de zarpar para os seus caladoiros, e poden consumir diariamente 14.000 litros nunha xornada de relativa tranquilidade, que pode chegar ata os 23.000 litros un día de maior movemento debido a que se teñen que desprazar a distintas zonas de pesca e con moitas horas de navegación.

Os atuneiros vascos non reciben desconto algún por non repostar en territorio español. Sen embargo, buques doutros estados sí reciben a bonificación de 20 céntimos por litro ao se subministrar de combustible en instalación españolas, cando os barcos de España que repostan en Seychelles, Ecuador, Mauricio ou Costa de Marfil -países próximos ás augas nas que desenvolven a súa actividade- non reciben axuda ninguna.

A Axencia Tibutaria Esoañola (AEAT) négase a aboar a bonificación aprobada polo Goberno para os cidadáns, os sectores económicos e a frota pesqueira que faena en augas perto da península (estes últimos tamén con queixas polo incumprimento desta medida por parte das subministradoras de carburante).

A negativa da AEAT a aboar a bonificaciòn baséase nos termos nos que foi redatado o decreto que regula as axudas mencionadas.     

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.