Galicia rexistra un total de 9.701 casos activos por coronavirus

28 Maio 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.701 deles 2.207 son da área da Coruña, 1.037 da de Lugo, 1.323 da de Ourense, 1.084 da de Pontevedra, 1.813 da área de Vigo, 1.546 da de Santiago e 675 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 444 en unidades de hospitalización e 9.236 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 602.031 persoas curadas, rexistrándose 3.491 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 27 de maio:
Home de 80 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 76 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 63 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 97 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.899.903.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.658.342.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.