En Santiago a programación da “Festa do Banquete de Conxo trasládase ao 29 de maio polo mal tempo

20 Maio 2022

O Concello de Santiago decidiu trasladar os actos programados para este domingo con motivo da “Festa do Banquete de Conxo” ao próximo domingo, día 29 de maio, debido ás previsións meteorolóxicas adversas.

Así o avanzou este venres en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen sinalou que as actividades previstas para este venres e sábado mantense sen ningún cambio. Ademais, o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo.

O Consistorio compostelán informou que as condicións meteorolóxicas adversas previstas leváronlle a tomar a decisión de cancelar todos os actos da Festa do Banquete que estaban programados para o domingo, xornada na que o tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará o servizo.

Outros artigos

“Maduro y Franco”. José Castro López

Dos personajes, Maduro y Franco, coparon la actualidad la semana pasada y dosinformaciones sobre ellos merecen este comentario.La primera es la carta del lector de un periódico (La Voz de Galicia, 11.01.2025)firmada por Javier Sanz bajo el título “Silencios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión