Convocada a novena edición do Concurso de Poesía da Asociación Albariza de Artes

09 Maio 2022

A Asociación Cultural Albariza, en colaboración coa Concellería de Cultura de Ribeira, vén de convocar a novena edición do seu concurso de poesía. Segundo confirmaron, traballos presentados deberán estar escritos en galego e ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión, sen sinatura nin sinal ningún que denuncie a súa procedencia. O prazo de admisión de orixinais rematará o 13 de xuño do 2022, ás 22:00 horas. As persoas participantes só poderán presentar unha obra.

A achega de orixinais ao concurso efectuarase de varios xeitos:

– Correo certificado, a portes pagados, ao enderezo Centro Recreativo e Cultural de Artes, Artes – Sego 15969 Ribeira, (A Coruña), indicando no sobre “Para o 9º Concurso de Poesía da Asociación Cultural Albariza de Artes”, sempre que a devandita remisión se realice antes de finalizar o prazo indicado na base 2.

– Correo electrónico en PDF, como arquivo adxunto, a centrorecreativoartes@gmail.com. O correo electrónico deberá facer constar (sempre en diferente arquivo que o da obra suxeita a concurso) os mesmos datos que se indican nas bases 4 e 5.

– En man, nas oficinas do Museo Etnográfico de Artes, sitas no baixo do Centro Recreativo e Cultural de Artes.

Os poemas deberán de ser orixinais e inéditos (non publicados en ningún medio físico ou electrónico), non ter sido premiados en calquera outro certame nin presentados a ningún outro concurso antes de facerse público o fallo desta convocatoria.

Amais, os orixinais non irán asinados, debendo presentarse por duplicado (facendo constar no encabezamento o título elixido) e achegaranse xunto cun sobre pechado, en cuxo exterior se fará constar o citado título. No interior do sobre depositarase o escrito sinalado na base 4 e unha nota na que se indique o nome e apelidos do autor/a, enderezo, teléfono, correo electrónico se o tivese, así como unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade; en caso de menores tamén deberá indicar o curso e centro educativo que corresponda.

Categorías e premios

-1ª Categoría: Autores/as de 9 a 11 anos.

Peza poética de vinte versos mínimo e trinta versos máximo.

Primeiro premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 150 € e publicación da obra.

Segundo premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 75 € e publicación da obra.

-2ª Categoría: Autores/as de 12 a 14 anos.

Peza poética de vinte e cinco versos mínimo e cincuenta versos máximo.

Primeiro premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 150 € e publicación da obra.

Segundo premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 75 € e publicación da obra.

-3ª Categoría: Autores/as de 15 a 17 anos.

Peza poética de cincuenta versos mínimo e cen versos máximo.

Primeiro premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 150 € e publicación da obra.

Segundo premio: Placa conmemorativa e vale para material deportivo ou escolar valorado en 75 € e publicación da obra.

-4ª Categoría: Autores/as a partir de 18 anos.

Peza poética de cincuenta versos mínimo e cento cincuenta versos máximo.

Primeiro e único premio: Placa conmemorativa e premio en metálico de 250 € e publicación da obra.

Mencións: Autores/as a partir de 18 anos.

Un xurado, designado para o efecto, valorará os traballos presentados e elixirá, de entre as poesías recibidas, unha preselección de cincuenta que son as que optarán aos premios finais; de consideralo ademais dos premios poderá conceder accésit consistentes nunha placa conmemorativa e a publicación da obra.

A Asociación Cultural Albariza de Artes estará facultada para editar un libro cos poemas seleccionados. No caso de ser premiada a obra, o autor ou autora deberá entregar o seu texto en soporte informático, entenderase que renuncia aos dereitos desta primeira edición.

Os autores seleccionados recibirán un exemplar da edición realizada, no seu caso, pola Asociación Cultural Albariza de Artes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.