Catro ribeirenses investigados por unha onda de roubos en garaxes e rochos de Pontecesures

09 Maio 2022

Catro homes de entre 25 e 50 anos a maioría con antecedentes policiais son, segundo cree a Garda Civil, responsables dunha onda de roubos entre setembro e outubro do ano pasado, en garaxes e rochos de Pontecesures.

O seu primeiro golpe foi nun garaxe comunitario, onde asaltaron dous vehículos. Semanas máis tarde entraron noutro baixo, neste caso forzando ademais de varios coches, a porta dalgúns rochos.

Segundo a Benemérita en todos os casos investigados comprobouse que forzaban as portas dos rochos dos garaxes para subtraer bicicletas, maquinaria, todo tipo de ferramentas e en ocasións algo de comida.

As investigacións realizadas polo equipo da Compañía da Garda Civil permitiron, recuperar algúns deses obxectos en establecementos de compravenda de material de segunda man.

Tamén axentes do Instituto Armado están a investigar penalmente a outras tres persoas. S egundo explican desde a Garda Civil de Pontevedra, utilizarían tarxetas subtraídas en dous vehículos para retirar 3.000 euros. O asunto lévao agora o xulgado número 2 de Caldas de Reis.

Garda Civil

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...