“Cambios esperados pero non os desexados” – Antón Luaces

26 Maio 2022

A primeira “vítima” do cambio experimentado na presidencia da Xunta de Galicia emana da listaxe de cargos da Consellería do Mar. Pero non foi, como algúns agardaban, na máxima responsabilidade dese departamento. Sí na segunda, Mercedes Rodríguez Moreda, a peza máis cobizada polas confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra fartas do “dolce far niente” ou o desleixo da Consellería de Pesca no enfrontamento irresoluto entre os percebeiros e os mexilloeiros pola subministración de mexilla para o sector bateeiro.

Non puideron cobrarse a “peza maior” (Rosa Quintana, conselleira do Mar) e foi a rolos a cabeza de Mercedes Rodríguez Moreda, que chegara á Consellería precedida da súa fama de xestora nas asociacións pesqueiras da provincia de Lugo, e que sae do cargo de directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica con máis pena ca gloria (certamente sen que tampouco se lle concedese a oportunidade de dirixir ese convulso departamento no que Antonio Basanta Fernández -ao igual que Mercedes Rodríguez procedente da costa de Lugo- recibe unha herdanza complicada nun momento, a máis, de importantes novidades nas directivas das confrarías de pescadores galegas. Especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña por cambios de patróns maiores e, no caso da presidencia da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña -cargo que ostenta o muradán Daniel Formoso dende o mes de novembro de 2018- pola xubilación deste.

Non vai ser unha etapa doada para Antonio Basanta, por máis que o mar e a pesca non resultan descoñecidas para el (foi mariñeiro de ponte na mariña mercante e tamén en embarcacións de pesca e de servizos portuarios). Basanta é licenciado en Políticas e de Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Economía Pesqueira da mesma universidade, especialista en procesado e estudo de datos e docente en diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas, e ten participado en distintos proxectos da Unión Europea.

O cesamento de Mercedes Rodríguez, se ben non era esperado en toda Galicia, é ben certo que non pillou por sorpresa: xa desde a semana pasada corría o rumor do cambio no seu departamento, cambio que se produciu definitivamente esta mesma mañá do mércores. A propia Mercedes Rodríguez o confirmou a primeira hora da mañá pedindo, iso si, que non se fixera público ata que o confirmara a Consellería.

Co cesamento da xa ex-directora xeral de Pesca non se soluciona o problema que afecta a bateeiros e percebeiros. E moito van ter que mudar as actitudes duns e outros para que Antonio Basanta poda poñer solución a un problema que se repite un ano tras doutro. Nese “mudar” debe ser a Consellería do Mar a que dea un paso avante para, de certo, rematar de vez con tanto enfrontamento.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...