Até 150 persoas participaron na estrea da Ruta Literaria Rosalía nos Camiños

23 Maio 2022

Finalmente, tal e como está previsto na axenda das Letras Galegas da nosa comarca e a de Sar, este sábado 21 de maio foi data escollida para a presentación oficial da Ruta Literaria Rosalía nos Camiños, deseñada polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Trátase dunha senda de 15 quilómetros que percorre os municipios da comarca do Sar, pasando por algunhas das paraxes mencionadas no poemario de Rosalía de Castro, En las orillas del Sar. Na andaina de estrea deste roteiro literario participaron 150 persoas. Os camiñantes máis rápidos en chegar ao remate fixérona en 2.15 horas. O Concello de Dodro compartiu un vídeo desta primeira experiencia. O inicio da actividade foi ás 16.30 horas no Paseo do Espolón en Padrón, xunto a escultura da nosa poeta máis célebre.

Lugares de visita obrigada

Este itinerario permite coñecer o lugar de Fondóns, en Rois, o Paseo do Espolón, o Santiaguiño do Monte, a Igrexa de Iria Flavia, a Casa Museo e a praza Ramón Tojo, en Padrón e xa, en Dodro, o palacio de Lestrobe, a praza do Mercado, a fonte de Santa María e as Torres de Hermida. A ruta con saída e chegada no Espolón de Padrón, está sinalizada con fitos de pedra realizados polo canteiro José Conde, que levan esculpida unha figueira deseñada polo escultor Camilo Seira.

O Concello de Dodro quixo convidar a toda a poboación a “sumarse a esta celebración” e “festexar o seu compromiso pola defensa da nosa cultura e identidade como pobo, traballando colectivamente por mil primaveras máis para a lingua galega”.

Outros artigos

O Concello de Dodro toma medidas pola ameaza da seca

A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao Concello a tomar medidas. O obxectivo, en palabras do Consistorio, "é garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e os usos esenciais". Engade que en todo caso "son...

+

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.