Alfonso Rueda, proclamado sexto presidente da Xunta de Galicia

12 Maio 2022

Alfonso Rueda Valenzuela foi investido este xoves como o sexto presidente da Xunta grazas á maioría absoluta do Partido Popular e cos votos en contra da oposición. Deste xeito, Rueda releva a Alberto Núñez Feijóo tras a súa marcha para liderar o principal partido da oposición en España

Cunha traxectoria política como ‘número dous’ de Feijóo, o novo presidente galego recibiu os votos a favor do PP no Parlamento autonómico, incluído o do seu antecesor, que renunciará á acta nos próximos días e será designado senador pola Cámara autonómica.

O candidato asegurou que para que lle vaia ben a Galicia a Xunta necesita “o apoio e o empuxe” de todas as forzas políticas, polo que lles pediu tanto a PSdeG como a BNG que colaboren coas iniciativas que funcionaron e na posta en marcha doutras novas.

Na súa intervención, Rueda defendeu as baixadas de impostos propostas pola Xunta e animou aos grupos da oposición para practicalas no canto de ” ridiculizarlas”, como na súa opinión fan estes grupos tamén co Xacobeo, unha vía de ingresos e de promoción de Galicia sen igual, asegurou.
No Congreso extraordinario que o PPdeG prevé celebrar en Pontevedra os días 21 e 22 de maio, Alfonso Rueda converterase tamén no líder dos populares galegos e, conforme marcan os estatutos do partido, en candidato popular para 2024.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.