A Xunta e Vegalsa-Eroski homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán co gallo das Letras Galegas

11 Maio 2022

 

Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago de Compostela a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sinalou que Vegalsa-Eroski é unha empresa que se distingue polo seu compromiso coa lingua galega e coa pluralidade lingüística do Estado e por iso para a Xunta é sempre un motivo de satisfacción celebrar con ela as Letras Galegas e axudar a que a súa clientela se achegue á figura do homenaxeado no Día das Letras, neste caso, Florencio Delgado Gurriarán”.

No acto participaron tamén o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes; o director de liña de Negocio Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez; a directora de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de marketing de Vegalsa-Eroski, Julián Hernández.

Carteis e bolsas

A través desta iniciativa, ata 176 supermercados e hipermercados Eroski e Autoservicios Familia en Galicia contarán con 500 carteis conmemorativos nas súas instalacións para dar a coñecer a vida e obra deste poeta valdeorrés e pór en valor o seu legado. Tamén cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel e 1.400.000 bolsas de plástico. 

Estes artigos foron deseñados polos alumnos de CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá de Ourense. A acción forma parte dun amplo programa de divulgación e difusión entorno á figura deste escritor promovido pola Xunta.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.