“A ameixa morre en Cariño e Cariño con ela”. Antón Luaces

26 Maio 2022

Dito así, deste xeito, sei moi ben que pode parecer unha esaxeración, pero o caso certo é que en bo número das rías galegas, especialmente nas Rías Altas e, particularmente, na sempre comprometida ría de Cariño, as sementes de ameixa realizadas nos últimos anos están resultando un

absoluto fracaso. De todo canto se sementa non da froito nen o un por cento. Canto máis se profunda na área, menos rastro queda do pasado desta QUE FOI ricaz praia marisqueira. O que hoxendía perdura dela non é outra cousa ca lebranza. E así o recolle a a asociación de mulleres da pesca ANMUPESCA que, mediante o visionado dunha filmación en vídeo permite comprobar como toda a semente na que ía posta a ilusión -e ambición, por que non?- das mariscadoras cariñesas fóise, unha vez máis polo mar abaixo.

Se vai anos o problema deste areal radicaba no cheirume procedente das verteduras ao denominado “río Cheirón” de fecais e augas non recicladas de fábricas de fariña de peixe e outras, agora ese problema non existe porque ata aquelas fábricas desapareceron e Cariño perdeu con elas centos de postos de traballo, especialmente ocupadas polas mulleres, e vías de economía que ninguén sabe arestora se algún día poderán ser recuperadas.

Foi precisamente a perda dese traballo no sector conserveiro o que fixo que as cariñesas contemplaran a súa Praia de sempre como un remedio para mitigar os danos económicos causados pola falta de traballo na conserva e o salazón. Diante desta evidencia, as mulleres de Cariño optaron polo marisqueo.

Mais agora mesmo todos miran de reollo ao porto e a actividade que no mesmo realizan centos de camións que, semanalmente, transportan ata o peirao local mineral que eses mesmos camións sementan pola estrada dende a parroquia de Landoi ata a capital municipal a cuxo porto veñen cargar buques de mediano porte que, segundo os propios mariñeiros, son os causantes de vertidos mineralóxicos ao mar que este se encarga de espallar por todo o que foi -e xan non é- a famosa “concha” do Porto de Cariño.

Será o mineral de dunita o que mata a semente da ameixa na praia deste concello ortegalés?. Pode ser a dunita a causa de que no porto de Cariño xa non quede nen siquera media ducia de barcos de pesca de aqueles máis de 60 que había anos atrás?. Existe algún interese en que Cariño non recupere a súa antiga puxanza e a quen beneficia que isto sexa así?.

Sen pesca, se marisqueo e con cada vez menos poder no sector estrativo de percebes, Cariño está a se converter nun pobo sen futuro para a xuventude e unha especie de gardería de xubilados aos que, por certo, tampouco se ofrecen  outras posibilidades de rehabilitación que non sexa o chiquito e a partida de cartas.

Non existe industria. O comercio vai aguantando, mal que ben, das economías de moi poucos emprendedores. Que futuro agarda á rapazada que xa nen siquera ocupa a totalidade das aulas do instituto polo que tanto loitaron os seos avós e bisavós?.

Mal síntoma que non se recupere o marisqueo, que non se recupere a lonxa, que a confraría de pescadores estea novamente ao bordo da creba.. Terán que pechar bares, cafetarías e restaurantes para que alguén se dea de conta de que Cariño, de seguir así, vai á bancarrota e á perda da municipalidade?.  Terá que pechar tamén o instituto. Que vai ser de Cariño na vindeira década?.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...